
Como expresar os sentimentos con palabras ?
Como describir a sensación que recorre o meu corpo cando te vexo , as cóxegas que sinto no meu estómago cando me miras ou o rubor das miñas meixelas cando me sorrís ?
Como explicar que cando me rozas tódalas miñas fibras nerviosas altéranse ata máis non poder ?
Como dicirte que soño contigo , cos teus beizos , cos teus ollos , co son da túa voz ? Que quero que me biques e me abraces coma se fose o único rapaz do mundo ?
Como facer que saibas que para min es o máis importante ? Que collerte da man e acariciar o teu cabelo é o que máis desexo ?
Tantos anos de amizade , de confianza , de compartir soños quebrados. . . . Tantos anos ó teu carón , simulando que me daba igual quen fose o teu mozo . . .
Xúroche que tratei de esquecerte , de non dar cabida a este sentimento que pouco a pouco foi aniñando no meu interior . Créeme se che digo que o intentei con todas as miñas forzas e aínda así non o logrei . Introducícheste no meu corazón como unha espiña que se crava no dedo , e agora non pode deixar de sangrar .
Sei que nunca lerás estas palabras . Pode soar egoísta pero a verdade é que non quero que te afastes de min e teño medo de que se che falo do que sinto a nosa amizade se rompa . Por este motivo seguirei gardando o segredo e destruirei esta carta nada máis rematala .
Seica teña outra oportunidade para dicilo , pero como nunca se sabe . . .
ÁMOTE .
O Duque das Palabras.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada